Thursday 09 de May de 2024

O Fondo Galego de Cooperación e solidariedade celebrou os 25 anos coa presenza da representación


A Laracha é un dos municipios que integran esta entidade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou hoxe o seu 25 aniversario nun acto desenvolvido esta mañá na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán). Contouse coa presenza do alcalde dese municipio e presidente do Fondo, Juan González, o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, o presidente da ANMCV, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, a subdelegada do Goberno en Pontevedra e o presidente da Asociación de Municipios de Cabo Verde.

O Concello da Laracha, que é un dos municipios que integran o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estivo representado no acto na figura de Mari Carmen Ameijeiras, técnica de servizos sociais.